A compañía Festa Escénica presentou o seu espectáculo 'Viaxe Submarino' na praza de España durante este venres 19 ante a presenza de numeroso público, a maioría deles que se achegaban a ver esta montaxe tras participar na Batalla de Flores.
A montaxe recreaba o fondo oceánico e 18 personaxes mostran diversas habilidades disfrazados de diferentes animais do fondo mariño.
O elenco está formado por artistas de España, Italia, Ucraína e Portugal.
As festas continúan este sábado co concerto de Pel e Pau, a partir das 21.00 horas na praza da Ferrería e a partir das 22.30 horas coaactuación de Dvicio na praza de España.