Distintas iniciativas achegan á ‘boa vila’ a realidade das persoas refuxiadas

Pontevedra
26 de abril 2016

Queres saber que é unha persoa refuxiada? Que está a pasar cos milleiros de refuxiados que chaman á porta de Europa? Para dar resposta a estas cuestións e evaluar a situación o Concello de Pontevedra e a Deputación presentan varias iniciativas

Vixilia solidaria cos refuxiados
Vixilia solidaria cos refuxiados / Diego Torrado

Queres saber que é unha persoa refuxiada? Que está a pasar cos milleiros de refuxiados que chaman á porta de Europa? Para dar resposta a estas cuestións e evaluar a situación a Concellaría de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra organiza unha mesa redonda este mércores 27 de abril, ás 19:00 horas no Casino Mercantil, na praza de Curros Enríquez.

Esta mesa é o arranque dun ciclo de conferencias que irá de maio até novembro onde se seguirá a falar das causas polas que hai persoas refuxiadas e desprazadas das súas casas. Un ciclo que reflexionará tamén sobre conflítos como Chechenia, Kurdistán e sobre América Latina.

Para iso, visitarán a cidade destacadas coñecedoras das diversas temáticas como Nazanín Armanian, profesora da UNED, Marta Ter Ferrer, da Liga dos Dereitos dos Pobos, Leyla Zana, escritora e feminista kurda, premio Sajarov e Ignacio Ramonet director da edición española de Le Monde Diplomatique.

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN

Ademáis este venres, 29 de abril, o Museo de Pontevedra acolle a xornada "Na procura de refuxio", con mor de concienciar á cidadanía sobre os riscos que conleva fuxir da guerra e a dramática situación que viven diariamente os refuxiados.

Ao longo da mañá expoñeranse as experiencias de profesionais, voluntarios e organizacións que visitaron a zona. Estas, estarán organizada en tres bloques temáticos: o primeiro deles centrado no traballo que desempeñan as ONGs no terreo, o segundo enfocado na labor que realizan os voluntarios nas zonas afectadas e, o terceiro, o rol dos medios de comunicación na cobertura mediática do conflito.

Arquivado en