Dispositivo especial de tráfico durante o sábado polo desfile de entroido

Pontevedra
04 de febreiro 2016

O operativo deseñado pola Policía Local se activiará ás 8:00 horas do sábado con restricións para aparcar. As obras ante o Hospital Provincial obrigan a variar o percorrido do desfile

Valado na rúa Benito Corbal
Valado na rúa Benito Corbal / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra activará ás 8:00 horas do próximo sábado, 6 de febreiro, un operativo especial de tráfico con motivo do desfile de entroido.

O dispositivo afectará especialmente as rúas polas que transcorrerá a cabalgata, que nesta ocasión varía o seu percorrido debido ás obras que se están realizando ante o Hospital Provincial. Nesta ocasión a saída do desfile realizarase ás 17:00 horas desde a rúa Teixoeira -entre o 12 de Novembro e Eduardo Pondal- para percorrer Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España e Alameda.

Prohibirase aparcar en todas as rúas do percorrido, empezando ás 8:00 horas por Edurado Pondal e seguindo, desde as 12:00 horas, por Uxio Novoneira, Cobian Areal e Benito Corbal e desde as 15:00 horas en Echegarai.

Os cortes de tráfico, que afectarán as rúas polas que transcorre o desfilee algunhas adxacentes como Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Javier Puig, realizarase en todas elas a partir das 16:30 horas salvo en Eduardo Pondal, que se pechará ás 15:00 horas.

Ante a previsión dunha grande afluencia de vehículos á cidade, a Policía Local informa que prestará especial atención ás entradas e saídas da cidade para tentar garantir a fluidez do tráfico, sen descartar desvios puntuais en zonas como a ponte dos Tirantes, rotonda de San Roque ou Paseo Colón con Raíña Vitoria.

Por todo iso recoméndase a utilización da AP-9 como alternativa de acceso e saída da cidade e o uso dos aparcadoiros disuasorios en Recinto Feiral, Alexandre Bóveda, Pavillón dos Deportes, Corvaceiras, Mollavao, Pasarón, Avenida de Vigo e A Parda.

Arquivado en