Dispositivo especial de seguridade para a tirada de fogos deste sábado

Pontevedra
09 de agosto 2013

Con motivo da tirada de fogos de artificio este sábado 10 a partir da medianoite dende o Peirao de Corvaceiras, a Policía Local porá en marcha un dispositivo especial media hora antes con corte de tráfico rodado nas inmediacións do peirao

Fogos de artificio durante as Festas do Verán
Fogos de artificio durante as Festas do Verán / Juan Mejuto

Este sábado 10 a partir da media noite realizarase a habitual tirada de lumes de artificio das Festas da Peregrina dende o Peirao de Corvaceiras. Para garantir a seguridade dos asistentes, a Policía Local poñerá en marcha un dispositivo especial no que participan axentes da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, sanitarios e técnicos en pirotecnia.

Media hora antes do inicio da tirada cortarase o tráfico procedente de Marín que será desviado pola rúa Manuel de Palacio. Os vehículos que circulen por Paseo Colón serán desviados á rúa Monteleón cara á rúa Uruguai. No caso dos automóbiles que procedan da Avenida de Uruguai desviarase pola rúa Xofre de Tenorio e, por último, o tráfico que circule pola Rúa dos Peiraos trasladarase a ponte Novo - Palamios.

A Policía Local recomenda que os vehículos que se dirixan cara a Marín transiten por José Malvar. O tráfico que circule pola Avenida de Uruguai cara á Avenida de Marín serán desviados na rotonda de Uruguai - A Barca cara á Avenida de Bos Aires e José Malvar.

Quedará prohibida a circulación rodada dentro do perímetro das rúas pechadas ao tráfico ata que finalice a tirada de lumes.

Ademais, a Policía Local establecerá un perímetro de seguridade para as persoas que se encontren nas inmediacións do punto de lanzamento coa instalación de valados de protección.

Arquivado en