A celebración da proba deportiva Copa de España de Ciclismo Feminino, que se disputará este domingo 27 de marzo por diferentes zonas de Pontevedra, provocou que a Policía Local estableza un dispositivo especial de circulación de tráfico.
As medidas conlevan os seguintes peches:
- Avenida de Uruguai e avenida Corvaceiras, en sentido Pontevedra cara a Marín, a partir das 22.00 horas do sábado 26
- Avenida Corvaceiras, en sentido Marín cara a Pontevedra, avenida de Marín, PO-11 e PO-12 (coñecida como autovía de Marín) e avenida de Marín (na zona de Estribela). O peche farase efectivo a partir das 08.00 horas do domingo 27 de marzo e afectará tamén as vías con circulación que teña orixe ou destino nestas rúas.
Ademais destes peches, a partir das 08.00 horas do domingo 27, establecerase unha prohibición de circular para os autobuses en dirección á Ponte da Barca, Paseo de Colón e San Roque. A Policía Local recomenda o acceso pola ponte das Correntes, avenida de Bos Aires e Xosé Malvar con dirección á estación de autobuses de Pontevedra