Dispárase o número de condutores ao volante sen ter puntos no carné

Pontevedra
26 de abril 2017

Un total de 42 condutores foron sorprendidos en 2016 pola Policía Local ao volante dun coche, a pesar de perder todos os puntos do permiso por infraccións previas. Trátase de once máis que o ano anterior. Nunca antes, lembran desde o corpo, alcanzouse esta cifra

Axente da Policía Local durante unha intervención
Axente da Policía Local durante unha intervención / Mónica Patxot

Un total de 42 condutores foron sorprendidos en 2016 pola Policía Local ao volante dun coche, a pesar de perder todos os puntos do permiso por infraccións previas. Trátase de once máis que o ano anterior. Nunca antes, lembran desde o corpo, alcanzouse esta cifra.

E lonxe de acabarse, esta práctica continúa. O último en ser denunciado foi un pontevedrés de 48 anos que foi identificado ás 9.30 horas do pasado sábado.

Os axentes déronlle o alto porque levaba o cinto mal colocado e, tras paralo, comprobaron que tiña suspendido o seu permiso de condución tras perder todos os puntos e non facer o correspondente curso para recuperalos.

Por iso, advertíronlle que non podía conducir e que ía ser denunciado ante o xulgado.

Pero á mañá seguinte, a Policía Local volveu velo ao volante do mesmo vehículo. Foi na rúa Juan Manuel Pintos, aínda que nesta ocasión tamén deu positivo por consumo de cocaína.

Así, foi denunciado por reincidente e por conducir un vehículo de motor baixo os efectos das drogas.