Días frenéticos nas panadarías

Pontevedra
04 de abril 2015

Pontevedra é tamén unha cidade de grandes panadeiros. Familias de artesáns da fariña que rivalizan a diario dende os obradoiros dos seus despachos. Algúns deles, ademais de pan, amasaron unha boa fortuna, que en boa parte se obtén de xornadas como estas da Semana Santa, a de máis carga de todo o ano. Dóbrase o traballo e os ingresos

Rosca de Pascua
Rosca de Pascua / PontevedraViva.com

Pontevedra é tamén unha cidade de grandes panadeiros. Familias de artesáns da fariña que rivalizan a diario dende os obradoiros dos seus despachos. Algúns deles, ademais de pan, amasaron unha boa fortuna, que en boa parte se obtén de xornadas como estas da Semana Santa, a de máis carga de todo o ano. Dóbrase o traballo e os ingresos.

Así que durante estes días os encontramos a todos traballando arreo na elaboración da tradicional rosca de Pascua. Unha actividade frenética aque empezou o pasado luns obrigando algunhas delas a reforzar os seus equipos para atender os encargos.

Solla, Abelleria, Santiña, Campolongo, Devesa,⿦ a receita non é ningún segredo: manteiga, ovos e fariña. En sete horas a rosca xa está feita.

Entre 10 e 15 euros de media o quilo custa esta tradicional sobremesa de Pascua.

Os padriños regálanllelas aos seus afillados ata que se casan e como é máis barata que os ovos ou as monas de chocolate, pois arrasan.