Día do neno con cine, teatro e debuxos

Pontevedra
06 de novembro 2012

O 20 de novembro, o Concello celebrará o Día do Neno cunha representación de teatro e a entrega de premios dun concurso de debuxo

Mañá, mércores 7 de novembro, comezan as actividades con motivo do Día internacional dos Dereitos do Neno coa proxección na Biblioteca Pública, ás seis da tarde, da película Onde viven os monstruos, a primeira do ciclo de catro filmes que se proxectarán dentro das actividades que realiza o Concello de Pontevedra sobre o dereito á educación.

Ademais desta actividade, tamén se vai poñer en marcha un concurso de debuxo nos colexios que leva por título Os soños das bolboretas. Para participar os escolares deberán mostrar nas súas pinturas a súa impresión sobre o dereito á educación.

A entrega de premios será no Teatro Principal durante o Día do Neno, o próximo martes 20 de novembro a partir das seis da tarde cunha función de teatro a cargo de Antía, wamba e o regato pequeno da compañía Tropa de Trapo.

A entrada para todos estes eventos é libre.