Día de romaxe na Illa de Tambo

Poio
31 de agosto 2014

A Asociación de Veciños Combarro e a Comunidade de Montes Rega dos Agros organizou durante este domingo a segunda edición da romaxe na illa, de uso militar ata hai poucos anos, coa presenza de máis de 600 veciños

Segunda edición da Romaría Illa de Tambo
Segunda edición da Romaría Illa de Tambo / Diego Torrado

A Asociación de Veciños Combarro e a Comunidade de Montes Rega dos Agros organizou durante este domingo a segunda edición da Romaría Illa de Tambo.

A privilexiada paraxe situada no centro da ría de Pontevedra, de uso militar ata hai poucos anos, recibiu máis de 600 veciños animados polo bo tempo para participar nos actos, coñecer un lugar inaccesible polo momento o resto do ano e gozar de paso dun agradable día de praia.

Dende primeiras horas da mañá barcos particulares e catamaráns cheos de pasaxeiros foron chegando ao peirao da illa, saídos na súa maioría dende o Peirao da Canteira de Combarro.

Os actos oficiais da romaxe consistiron nunha ofrenda floral ao mundo mariñeiro e unha exposición audiovisual na antiga polvoreira militar a xeito de preludio do xantar popular organizado.

A xornada pechouse cun festival de música tradicional de 17:00 a 19:00 horas.

Arquivado en