O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera participaron este luns xunto á Corporación municipal nos actos de celebración das festas patronais de San Xoán en Poio.
O Concello ofreceu unha recepción oficial ante de asistir á tradicional misa na honra de San Xoán Bautista que contou coa participación da Coral de Poio. Ao remate tivo lugar a procesión no Mosteiro.
As autoridades presentes neste acto destacaron a importancia que ten manter tradicións como as de San Xoán para estreitar os lazos da veciñanza.
A Banda de Música de Marín actuou despois na Praza do Mosteiro.
Pola tarde, no Parque da Memoria, actuará o mago "Henriko o Feiticeiro", cun espectáculo para toda a familia ás 19.30 horas.
A música pola noite correrá a cargo das orquestras Capitol e Miramar.