Día clave para o futuro de Alfageme

O Salnés
18 de outubro 2012

Os administradores concursais reuniranse hoxe xoves co titular do Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo para proceder a poxa das dúas naves da conservera Alfageme, en Vilaxoán e Ribadumia, segundo informaron fontes oficiais. Mais tamén hoxe convocouse en consello extraordinario e urxente ao IGAPE. Si éste rexeita o recurso presentado pola familia Lago e procede á apertura das plicas paralizaría a poxa.

Conservera Alfageme
Conservera Alfageme

Os administradores concursais reuniranse hoxe xoves co titular do Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo para proceder a poxa das dúas naves da conservera Alfageme, en Vilaxoán e Ribadumia, segundo informaron fontes oficiais.

Mais tamén hoxe convocouse en consello extraordinario e urxente ao IGAPE. Si éste rexeita o recurso presentado pola familia Lago e procede á apertura das plicas paralizaría a poxa.

A Consellería de Economía e Industria enviou nas últimas horas un correo aos administradores notificándolles a convocatoria desta reunión para estudar o recurso e, si corresponde, proceder á apertura de plicas para que os técnicos estuden a mellor oferta.

Desde a Secretaría Xeral da Consellería contactaron co alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole (PP), e comunicáronlle a convocatoria. A continuación, o rexedor, acompañado pola exdiputada e concelleira popular, Marta Rodríguez Arias, trasladaron a noticia ás traballadoras que manteñen un peche no consistorio.

A portavoz de CIG e candidata do BNG á Xunta, Rosa Abuín, valorou a noticia como "un paso adiante, que non resolve o conflito" e anunciou que no momento en que os administradores lles digan ás traballadoras que se paraliza a poxa "colleremos os bártulos e irémonos a casa; mentres permaneceremos pechadas", indicou.

De modo que, por terceira noite consecutiva, un grupo de traballadoras manterá o encerro emprendido esta semana na casa consistorial de Vilagarcía, co apoio da CIG; e outra, convocada pola CGT, manifestarase ante as portas de San Caetano.

Arquivado en