Día accidentado en Cambados con varias colisións e o atropelo a un neno de 7 anos

O Salnés
07 de agosto 2019

Segundo informaron desde Emerxencias Cambados, o menor foi atropelado na Rúa Os Olmos. Unha ambulancia do 061 trasladouno ao Hospital do Salnés

Un dos vehículos implicados no accidente múltiple
Un dos vehículos implicados no accidente múltiple / Servizos de Emerxencias

Un neno de 7 anos de idade resultou ferido tras ser atropelado este mércores en Cambados.

Segundo informaron desde Emerxencias Cambados, o menor foi atropelado na Rúa Os Olmos. Unha ambulancia do 061 trasladouno ao Hospital do Salnés. O sinistro tivo lugar á unha e media da tarde.

Tamén en Cambados, ás catro e cuarto da tarde, estas mesmas fontes informaron dun sinistro con catro vehículos implicados.

Nesta colisión múltiple resultaron feridos o condutor dun Audi, un home de 33 anos e veciño de Sanxenxo, e a condutora dun Golf A. R. G. de 22 anos e veciña de Cambados. Ambos foron trasladados ao Hospital do Salnés con dor cervical.

Finalmente, ás cinco e media da tarde, un novo accidente de tráfico tivo lugar na Avenida de Galicia. Chocaron dous vehículos, aínda que o sinistro limitouse aos danos materiais pois non houbo feridos.