O vindeiro martes 7 de xullo comenzará en Galicia a Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade, ABAU, e no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra realizarán estes exames un total de dezasete estudantes cegos ou con discapacidade visual severa. Do mesmo xeito que durante a súa etapa formativa, estes mozos contaron con profesorado dos Equipos Específicos de Atención Educativa da Organización - en colaboración coa Xunta - para preparar esta proba.
Da mesma forma que o resto de recintos onde se vai a desarrolar a ABAU, o Centro de Recursos de Campolongo tamén tivo que adaptarse aos requisitos preventivos e de seguridade ante a COVID19. Seguiranse estritas medidas de limpeza, ventilación e desinfección; e facilitaranse medios de protección. Ademais accederase de forma individual desde o exterior á aula onde terán lugar os exames, sen espazos intermedios de espera; aínda que se se precisa de acompañante poderá contar coa devandita asistencia para realizar este percorrido.
Dado que o número de examinados é reducido, o espazo onde realicen as probas será de uso individual, ou de ter que compartilo, dispoñerán dunha separación moi superior á que recomendan as autoridades sanitarias. Ademais, atendendo ás súas necesidades dispoñerán de material adaptado, así como transcrición ao braille dos exames.
Con todas estas previsións, un ano máis - e xa son vinte e sete -, o Centro de Recursos da ONCE, colabora coa Comisión Interuniversitaria de Galicia para que as persoas con discapacidades visuais poidan realizar estes exames de acceso á Universidade sen outras esixencias que as propiamente académicas.