Detidos por tráfico de drogas dous pontevedreses de 48 e 50 anos

Pontevedra
01 de outubro 2022

Os axentes da Policía Local de Pontevedra lograron interceptar diversas cantidades de cocaína logo de ser testemuñas da venda ilegal

Policia Local de Pontevedra
Policia Local de Pontevedra / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra informou que os axentes municipais procederon a detención de dous homes, de 48 e 50 anos de idade, por un presunto delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas, concretamente cocaína. 

Foi o pasado 27 de setembro, e sobre as 19 horas cando os policías detectan a presenza dun home coñecido doutras intervencións relacionadas coa tenencia e consumo de drogas. 

Nesta ocasión, e preto do seu domicilio na parroquia de Lérez, os axentes observan como se achega ata o lugar un vehículo que sen saír do mesmo os seus ocupantes intercambian dous envoltorios de cor branco e que un deles semellaba, en tamaño, a unha pelota de golf, e outro mais pequeno.

Tralo seguimento do comprador, co fin de determinar o contido do envoltorio, este é identificado nas proximidades do seu domicilio no barrio de Monte Porreiro, intervíndose primeiramente o envoltorio contendo 20 gramos de cocaína de roca (que unha vez cortada daría para unhas 80 doses) e que entrega voluntariamente. Posteriormente foi localizado, na porta do condutor, un segundo envoltorio das mesmas característica e con 10,50 gramos. Nun rexistro superficial do vehículo é localizado un pequeno envoltorio contendo dous gramos mais.

Na mesma operación, e no interior da carteira, os axentes localizan outro envoltorio de 0.55 gramos así como 235 euros, entre billetes fraccionados.

Perante os feitos e por mor da cantidade intervida, os axentes proceden coa detención desta persoa, un home de 48 anos de idade, por un presunto delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas, concretamente cocaína.

Unha vez constatada a venta, os axentes municipais desprazáronse ata o domicilio do vendedor, procedendo a detención polo mesmo delito, un home de 50 anos de idade.