A Policía Nacional detivo un home pola presunta agresión a súa parella a noite do venres ao sábado en Vilagarcía.
Os feitos aconteceron na rúa Fontecarmoa, a onde as forzas de seguridade foron requiridas por veciños alertando dunha discusión entre unha parella na que, presuntamente, o home agredira á muller.
Persoados no lugar axentes da Policía Nacional e da Local e a pesar da que a suposta vítima negou a agresión, os axentes procederon á detención deste home, de 20 anos de idade, debido á declaración de varias testemuñas que aseguraban velo propinarlle unha puñada no estómago e agredila cun pau.
Achegouse como proba un vídeo gravado por un viandante no que se vía como a empuxaba e o pau de escoba atopado a poucos metros.