A Policía Nacional volveu deter un home de tan só 20 anos que xa no ano 2022 fora arrestado por queimar contedores en Marín.
O delito é o mesmo que entón, pois atribúenlle incendiar contedores de residuos urbanos. Ademais, acúsano de ocasionar cuantiosos danos porque a queima dos contedores provocou tamén danos nas fachadas dos inmobles próximos e en vehículos estacionados nas inmediacións.
A Policía Nacional de Marín considérao presunto responsable dun delito de danos mediante incendio e destaca que, coa súa acción, puxo en grave risco a integridade física das persoas.
No ano 2022, acusárono dunha onda de incendios en contedores tras causar numerosos danos e gran prexuízo económico na localidade de Marín. Nesta ocasión, o lume iniciouse nun illote de contedores.
Os investigadores atoparon evidentes similitudes no modus operandi co de 2022, polo que se decidiu actuar coa maior celeridade posible para localizar ao mozo incendiario para previr que seguise provocando este tipo de incendios.
Unha vez localizado, os axentes detivéronoe el recoñeceu os feitos.
Desde a Comisaría da Policía Nacional de Marín púxose os feitos en coñecemento dell Xulgado de Instrución número 2 de Marín.