Detido un home que, tras vender droga polo miúdo, escapou á carreira da Policía con heroína no cinto

O Salnés
02 de decembro 2022

Axentes da Policía Nacional presenciaron como realizaba diferentes transaccións de droga en plena vía pública e, cando quixeron identificarlle, saíu fuxindo á carreira, polo que se iniciou unha persecución que culminou coa súa detención varias rúas máis aló. Levaba ocultas no seu cinto doce bolsiñas de heroína termoseladas e 130 euros

Droga e diñeiro intervidos ao detido
Droga e diñeiro intervidos ao detido / Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vilagarcía de Arousa detiveron nos últimos días un home que supostamente se dedicaba a vender droga polo miúdo nesta localidade. 

Segundo a información oficial facilitada, os axentes descubriron a actividade ilegal do detido no marco dunha serie de dispositivos de vixilancia para o control do tráfico de droga polo miúdo en Vilagarcía.

Buscando atallar os puntos negros de venda de estupefacientes, presenciaron como este home realizaba diferentes transaccións de droga en plena vía pública.

Cando os policías dirixíronse a el para identificarlle, este home saíu fuxindo á carreira, polo que se iniciou unha persecución que culminou coa súa detención varias rúas máis aló.

Os axentes realizáronlle un cacheo superficial e localizaron ocultas no seu cinto doce bolsiñas de heroína termoseladas e 130 euros