A Garda Civil detivo un home de 39 anos como suposto autor dun roubo con forza nun domicilio de Cerdedo-Cotobade por presuntamente levar ferramentas que logo vendeu nunha tenda de segunda man.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, a detención produciuse o pasado 7 de novembro e o roubo produciuse o 19 de setembro.
Unha veciña denunciou no posto da Garda Civil de Cerdedo-Cotobade que lle roubaran unha serie de ferramentas e, unha vez iniciadas as investigacións, comprobouse que esas ferramentas foran vendidas nun coñecido establecemento de produtos de segunda man en Pontevedra.
Os investigadores confirmaron que eran as mesmas ferramentas porque coincide o número de serie.
Como resultado desta investigacións, o EBIO (Equipo básico de inspeccións oculares) da Garda civil de Pontevedra detivo o sospeitoso, aínda que xa foi posto en liberdade en sede policial.
O tema está agora en mans do Xulgado de Garda de Pontevedra.