Detido un home de 40 anos por empuxar a súa parella provocando que caera polas escaleiras

Pontevedra
12 de xaneiro 2024

Os feitos ocorreron o martes 9 de xaneiro nun establecemento da cidade de Pontevedra. Segundo a versión da vítima que recolle o parte policial, no transcurso dunha forte discusión entre a parella, ante a presenza do seu fillo menor de idade, o home empuxou á muller provocándolle feridas en distintas partes do corpo ao caer ao soto do local

Policía Local de Pontevedra
Policía Local de Pontevedra / Mónica Patxot

O martes 9 de xaneiro, un home de 40 anos era detido pola Policía Local de Pontevedra como presunto autor dun delito de violencia machista contra a súa parella, unha muller de ao redor de 33 anos de idade.

Os feitos producíanse sobre as 08.30 horas nun establecemento da cidade

O parte da Policía Local recolle a versión da vítima na que explica que durante unha forte discusión entre a parella, o home empuxouna. Esta acción provocou que a muller caera polas escaleiras que daban a un soto

A caída provocoulle feridas en distintas partes do corpo. A discusión produciuse, segundo o parte policial, diante do fillo menor de idade.

Unha compañeira de traballo do home detido encargouse de apartar ao menor da discusión.

Tras a denuncia, axentes da Policía Local procederon á detención do presunto agresor.