A Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa detivo a un dos presuntos autores dun roubo con intimidación a unha persoa de idade avanzada.
Os feitos, segundo a Policía, ocorreron cando a vítima estaba a acceder ao portal do seu edificio, onde foi abordada por unha parella que entrou detrás dela.
Mentres esperaban polo ascensor, os ladróns abalanzáronse sobre ela, forcejearon até conseguir arrebatarlle o bolso e saíron fuxindo á rúa onde un terceiro lles estaba esperando.
Por mor da intervención, o grupo de investigación realizou as pescudas correspondentes que culminaron coa identificación dos tres autores e a detención e posta a disposición dun deles.