Detido un condutor sen carné por circular a 184 km/h nun tramo de 90 e non parar ao alto de Tráfico

O Salnés
17 de setembro 2024

Atribúenselle tres delitos contra a seguridade viaria, por exceder en máis de 80 km/h o límite permitido en vía interurbana, por conducir con perda de vixencia do permiso e por conducir de forma manifestamente temeraria. Deu positivo no test de drogas  

Condutor denunciado por tres delitos
Condutor denunciado por tres delitos / Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil denunciou por tres delitos contra a seguridade viaria un condutor que foi localizado circulando á unha velocidade de 184 km/h nun tramo limitado a 90 na estrada VG-4.7, en Vilagarcía.

O home, veciño de Ribeira de 43 anos, foi interceptado o pasado luns, 9 de setembro. Un radar do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detectouno co citado exceso de velocidade e unha patrulla deulle o alto para que se detivese, pero el fixo caso omiso.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, continuou a marcha a gran velocidade e efectuou un adiantamento no que non respectou unha liña continua.

Ante a fuga do condutor, os axentes de Tráfico alertaron a máis patrullas e lograron interceptalo uns quilómetros máis adiante. En novo intento de continuar coa fuxida, case choca coas motocicletas policiais e contra varios usuarios da vía. 

O condutor carecía de permiso de conducir por perda total de puntos e non realizara o preceptivo o curso de recuperación.

Finalmente, atribúenselle tres delitos contra a seguridade viaria, por exceder en máis de 80 km/h o límite permitido en vía interurbana, por conducir con perda de vixencia do permiso e por facelo de forma manifestamente temeraria.

Este condutor pode enfrontarse a unha pena de prisión de máis de dous anos, multa de ata tres anos ou traballos en beneficio da comunidade e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores dun a catro anos.

Ademais, deu positivo a varias substancias no test de drogas. A proba foi remitida a laboratorio, e no caso de que se confirme, fará fronte a unha sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso.