Detido por roubar un portalón de aluminio de tres metros nunha nave do polígono do Vao

Pontevedra
07 de xullo 2014

O xefe de taller denunciou tamén o roubo con forza en dous vehículos da empresa estacionados no interior do recinto. Nestes vehículos o ladrón supostamente forzou e danou os tapóns, deixándoos inutilizados, e subtraeu varios litros de combustible cuxo valor ascende a 600 euros

Comisaría da Policía Nacional
Comisaría da Policía Nacional / PontevedraViva

Un portalón de aluminio de tres metros valorado en 2.200 euros e unha argola de peirao de aluminio valorada en 720 euros e combustible de dous turismos. ÿ o botín que supostamente se levou un veciño de Pontevedra dunha nave do polígono do Vao. Por estes feitos foi identificado, detido e xa pasou a disposición xudicial.

Segundo informou a Policía Nacional, o detido é un home de 40 anos con antecedentes policiais detido o venres 4 de xullo ás 16.30 horas por uns feitos rexistrados tres semanas antes.

O 16 de xuño un veciño de Pontevedra denunciou a subtracción do citado portalón de aluminio e dunha argola de peirao de aluminio do interior dunha empresa situada no Vao. Posteriormente, o xefe de taller puxo en coñecemento dos investigadores o roubo con forza en dous vehículos da empresa estacionados no interior do recinto.

Nestes vehículos o ladrón supostamente forzou e danou os tapóns, deixándoos inutilizados, e subtraeu varios litros de combustible cuxo valor ascende a 600 euros.