Un home de 41 anos, veciño de Pontevedra, foi detido o pasado domingo pola Policía Local tras agredir a súa muller, de 42 anos, dándolle un moquete na cara.
Atribúeselle un presunto delito de malos tratos no fogar.
A vítima informou á Policía Local de que fora o seu home, co que levaba convivindo 20 anos, quen a agrediu logo dunha discusión de carácter económico.
Ela estaba na habitación da súa filla, cando el entrou, agarrouna polo pelo e deulle un moquete na cara. Esta versión tamén foi confirmada pola filla da parella, quen na pelexa recibiu un golpe na cara cun cóbado.
Os policías comprobaron que a muller tiña unha ferida sangrante no nariz, polo que foi traslada ao hospital para realizarlle probas radiolóxicas.
O home, pola súa banda, confirmou a discusión e que lle tiña tirado dos pelos á vítima, pero negou o moquete. Presentaba arañazos no corpo, que tanto a vítima como a súa filla atribuíron á súa defensa.
O detido foi posto a disposición da Policía Nacional como presunto autor dun delito de malos tratos.