Detido o principal subministrador de heroína polo miúdo en Vilagarcía

O Salnés
03 de xullo 2024

A Policía Nacional detivo un veciño de Vilagarcía de Arousa ao que consideran o maior subministrador de heroína a pequena escala desta localidade. Ao home, con antecedentes policiais por feitos similares, atribúeselle un delito de tráfico de drogas

Droga, diñeiro e efectos intervidos
Droga, diñeiro e efectos intervidos / Policía Nacional de Pontevedra

A Policía Nacional detivo un veciño de Vilagarcía de Arousa ao que consideran o maior subministrador de heroína a pequena escala desta localidade.

O detido foi interceptado polos axentes nun dispositivo do Plan contra o menudeo e pequeno tráfico de drogas. Sorprendéronlle cando levaban a cabo diferentes transaccións de droga en plena vía pública preto de domicilios nos que se detectou unha afluencia inusual de persoas na contorna.

A investigación comezou a dar os seus froitos cando, tras varias vixilancias, púidose establecer a franxa horaria de actividade principal destas persoas.

Como resultado das vixilancias realizadas, establecéronse varios dispositivos de control e nun deles axentes en moto interceptaron un individuo. Tras un cacheo de seguridade, localizaron entre as súas roupas 30 dose de heroína preparadas para o consumo de heroína. Resultaron ser un total de 11.7 gramos.

O home, con antecedentes policiais por feitos similares, tamén levaba encima 220 euros en billetes fraccionados.

A Policía Nacional da Comisaría de Vilagarcía atribúelle un delito de tráfico de drogas.