A Policía Local de Poio identificou e detivo o presunto responsable dun grave incidente de circulación ocorrido o pasado día 9 de setembro na a Avenida de San Xoán de Poio.
Trátase do condutor que se deu á fuga tras chocar contra un vehículo estacionado e que tras ser cuestionado por unha familiar do vehículo afectado que a seguiu en motocicleta deuse á fuga arrastrando á muller, atrapada pola xanela, durante 51 metros.
A moza sufriu lesións de consideración polo arrastre.
O home, veciño de Poio de 70 anos de idade, foi detido polos axentes este sábado 14 de setembro tras varios días de investigacións.
Impútaselle un presunto delito contra a seguridade do tráfico, outro por condución temeraria e outro delito de lesións.
Explica a Policía Local de Poio que os autores deste tipo de feitos enfróntanse a penas de prisión de dous a cinco anos, multa de 12 a 24 meses e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores durante un período de seis a dez anos.
Unha vez foille tomada declaración as dilixencia do caso foron trasladadas ao xulgado de garda.