Un home de 62 anos foi detido pola Policía Local de Pontevedra acusado dun delito de tráfico de drogas. Foi tras incautarlle 26,3 gramos de cocaína que tiña intención de vender.
Os feitos rexistráronse o pasado venres, minutos despois das oito da tarde, cando axentes policiais en labores de vixilancia, localizaron a esta persoa detido nas inmediacións da rúa Riestra.
Os policías seguírono ata a rúa Marquesa onde realizou un intercambio cunha muller e, posteriormente, ata a rúa Pastor Díaz, onde tiña aparcado o seu coche.
Tras ser interceptado, o home, que xa tiña antecedentes por delitos de tráfico de drogas, entregou as pertenzas que levaba enriba e outras substancias que agochaba no seu vehículo.
Os axentes incautaron dous billetes de 20 euros, tres trozos (4,1 gramos) de hachís, dous cogollos (1,5 gramos) de marihuana e 26,3 gramos de cocaína, repartidos en once bolsiñas e unha bolsa máis grande con 20,3 gramos.
O detido foi posto a disposición da Policía Nacional.