Detido un condutor sen carné que circulaba a 120 en vías de Vilagarcía limitadas a 30 e compartíao en redes sociais

O Salnés
12 de xaneiro 2025

A investigación é resultado dos labores de 'ciberpatrullaxe' da Policía Nacional. Detectaron vídeos cun mozo sen carné nin cinto realizando manobras perigosas

Axente da Policía Nacional da unidade Udef-Ciberdelincuencia de Pontevedra
Axente da Policía Nacional da unidade Udef-Ciberdelincuencia de Pontevedra / Mónica Patxot

A Policía Nacional detivo en Vilagarcía de Arousa un mozo tras detectar en redes sociais que circulaba de forma temeraria e a alta velocidade, causando situacións de perigo.

A investigación iniciouse no ámbito dos labores de 'ciberpatrullaxe' dos axentes da Policía Nacional, que detectaron vídeos nunha coñecida rede social nos que se observaba un mozo realizando perigosas manobras cun vehículo.

Os axentes concluíron que nas manobras que realizaba podería estar a pór en grave risco a vida de quen o acompañaba no vehículo e a do resto de usuarios da vía.

Os investigadores puideron comprobar que chegou a circular até en catro ocasiones a velocidades catro veces superiores á permitida. Ía e 120 quilómetros por hora en vías urbanas cunha velocidade limitada a 30.

Nos vídeos que subía a redes sociais, tamén se podía detectar que non levaba cinto de seguridade.

A través de fontes abertas, os policías puideron pescudar a identidade do responsable das manobras e comprobar que el mesmo subía os vídeos ás redes sociais.

Ademais, avanzadas as investigacións, os axentes comprobaron que este mozo carecía de permiso de conducir.

Unha vez que localizaron ao presunto autor dos feitos, arrestárono por un delito contra a seguridade viaria.