A Policía Nacional detivo unha muller tras cometer varios furtos nunha das perfumerías da zona comercial de Pontevedra.
Os axentes que se atopaban realizando labores de prevención de seguridade cidadá observaron a presenza de dúas mulleres unha delas manipulando de forma estraña unha bolsa en plena zona comercial.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, estes axentes identificaron á muller que levaba unha bolsa habilitada para evitar que se activen os arcos de seguridade dos establecementos comerciais. Na bolsa portaba múltiples perfumes co sistema de alarma posto.
Os axentes comprobaron que portaba varios perfumes dun establecemento coñecido, valorados en máis de 1.200 euros. Por todo iso foi detida por un delito de furto.
Unha vez detida os axentes trasladárona a dependencias policiais. Foi posta ao dispor da Autoridade Xudicial.