Un pontevdrés ingresou en prisión tras ser sorprendido intentando traer dende Cádiz ata a cidade 79 landras de haxíx tras inxerir previamente algunhas delas.
O detido é un home de 37 anos que viaxaba en autobús entre Cádiz e Pontevedra. Sobre as 2.30 horas da noite do mércores 3 ao xoves 4 de abril, cando o autobús facía parada en Mérida, foi detido por axentes da Brigada de Seguridade Cidadá e Policía Xudicial da Comisaría Local de Mérida.
Segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Extremadura, o home, que ten antecedentes policiais, foi sorprendido nun control rutineiro no que a Policía inspeccionou os pasaxeiros que circulaban no autobús.
O home reaccionou á chegada da Policía con signos de nerviosismo e intentou esconder un bolso de pequenas dimensións. Os axentes rexistráronlle e encontraron unha pequena cantidade de haxíx. Nese momento, o home recoñeceu que inxerira máis.
Os axentes procedendo á súa detención e traslado ao servizo de Urxencias do Hospital de Mérida. Encontrárono varias landras de haxíx no abdome que, segundo declarou o detido, tiña intención expulsar durante a viaxe en autobús.
Tras expulsar as citadas landras no hospital, o operativo policial pechouse coa intervención de 79 ovos que pesaban 786 gramos, un ordenador portátil, un teléfono móbil e diñeiro en efectivo.