Deteñen un mozo de 18 anos na peaxe de Vilaboa con 35 gramos de hachís

Pontevedra
10 de agosto 2019

O detenido foi interceptado nun punto de verificación selectiva de vehículos cando se dirixía, en compañía dos seus amigos, á Festa do Marisquiño de Vigo

Axente da Garda Civil cos efectos intercetados na peaxe de Vilaboa
Axente da Garda Civil cos efectos intercetados na peaxe de Vilaboa / Guardia Civil

Un mozo de 18 anos foi detido, este venres, na peaxe de Vilaboa con varios anacos de haxix dispostos para a venda. Este ía en compañía de amigos cando á altura do quilómetro 137,500 da autoestrada AP-9, nun punto de verificación selectiva de vehículos, a patrulla de Seguridade Cidadá da Garda Civil ordenou a detención do automóbil.

O detido, veciño de Lugo, viaxaba nun turism BMW 308, segundo este mesmo e os seus acompañantes, en dirección á Festa do Marisquiño de Vigo. Ante as sospeitas que suscitaron os ocupantes do vehículo, os axentes procederon ao rexistro do mesmo, ademais do cacheo superficial a un dos mozos.

Neste momento, o garda localizou un vulto inusual á altura da cintura. Este resultou ser un envoltorio de plástico que contiña tres pedazos compactos de haxix, que alcanzaban os 35 gramos. O mesmo individuo cargaba tamén cunha báscula de precisión en perfecto estado e 256 euros en efectivo.

Ante os feitos, que suscitaban a sospeitar da venda como destino da substancias estupefaciente, os axentes procederon á detención do posuidor da mesma como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.

Finalmente, o mozo de 18 anos quedou en liberdade coa obrigación de comparecer no Xulgado de Garda de Cangas, onde se fixo entrega do haxix e os demais efectos intervidos.