A Policía Nacional detivo un mozo pontevedrés como autor dun delito contra a seguridade do tráfico e outro de atentado á autoridade que supostamente se fuxiu da Policía e chocou contra un coche patrulla. Todo tería acontecido mentres levaba de acompañante no seu turismo a unha menor recén fuxida do centro de menores Príncipe Felipe.
Fontes policiais confirmaron que todo aconteceu na tarde do venres. Unha rapaza duns 16 anos escapouse de Príncipe Felipe e, pouco despois, unha persoa deu aviso de que a vira dentro dun coche no barrio de Monte Porreiro.
Tras recibir o aviso cidadán, unha patrulla da Policía Nacional dirixiuse ao lugar no que supostamente estaba a menor nun coche. En canto se achegou ao turismo, o seu condutor emprendeu unha fuxida pola zona da praia fluvial e a avenida de Bos Aires.
Durante ao fuxida, arremeteu a un vehículo 'Z' da Policía Nacional, pero pouco despois lograron darlle alto na rotonda entre a Ponte dos Tirantes e Alexandre Bóveda, a escasos metros da Xefatura da Policía Nacional.
O condutor do vehículo foi detido por atentado e delito de tráfico, pasou a disposición xudicial ao longo da xornada do sábado e foi posto en liberdade.