Lourido foi escenario este sábado 16 de novembro dun altercado entre un home e a Policía Local de Poio.
Ocorreu ao redor das 12.00 horas, cando os axentes acudiron á zona de Lourido alertados de que un individuo estaba a increpar os viandantes e atopábase visiblemente alterado.
Trátase dun home, de 46 anos e veciño de Toledo.
Segundo o relato do corpo de seguridade municipal, non atendeu aos requirimentos da Policía chegando a golpear o vehículo patrulla e atentando contra un axente causándolle lesións na cara.
Tras ser detido e xa en dependias policiais, o seu estado seguía sendo de alteración.
De feito rompeu un cristal no acceso ás dependencias e ofreceu gran resistencia no seu camiño ao calabozo, onde quedou á espera de pasar a disposición xudicial.
Segundo a Policía Local, o home conta con numerosos antecedentes.
Investígaselle por cometer presuntos delitos de atentado á autoridade, desobediencia, resistencia grave e danos contra o vehículo policial.