O equipo de investigación de incendios da Xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra vén de informar da detención do presunto autor de nove lumes intencionados na provincia de Pontevedra.
Os lumes tiveron lugar entre o 5 de agosto e o 18 de setembro deste ano. Sete no concello de Meis, un no concello de Barro e outro na localidade de Portas. Para a extinción dos mesmos, foi necesario a actuación dos equipos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
As investigacións destes lumes se iniciaron a partires das declaracións de testemuñas e informacións confidenciais obtidas entre os veciños das zonas ardidas, centrándose as pescudas nun sospeitoso que foi obxecto de vixiancias ininterrompidas por parte dos investigadores dos axentes da Policía Autonómica durante varios días.
Froito dos seguimentos aos que foi sometido, constatouse a presenza do detido no escenario de cinco destes incendios.
Por estes feitos foron tramitadas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Cambados.
No que vai de ano, a Policía Autonómica leva detenidas ou imputadas a 91 persoas por delitos de incendios forestais.