Detectan unha persoa que debería estar illada reunida con seis non convivintes no xardín da súa casa

Poio
31 de maio 2021

Axentes da Policía Local de Poio identificaron un veciño de Poio que estaba en situación de illamento obrigatorio por manter contacto recente estreito cun positivo no xardín da súa casa en Poio reunido con varias persoas non convivintes. O home exponse a unha sanción de entre 3.001 e 20.000 euros

Policía Local de Poio
Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio localizaban e identificaban na tarde deste domingo 30 de maio un veciño do municipio que se atopaba en situación de illamento obrigatorio reunido con outras seis persoas non conviventes no xardín da súa vivenda situada no Concello.

O home estivera en contacto estreito recente con outra persoa positiva e atopábase obrigada a evitar contacto con outras persoas para evitar contaxios. Os axentes comprobaron co centro de rastrexadores da Xunta de Galicia esta situación e este equipo confirmaba que debe permanecer illado dentro do seu domicilio á espera da realización dunha PCR este martes 1 de xuño.

Ante esta información, os axentes policiais informaron a este veciño de que o incumprimento será posto en coñecemento da Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra, ademais ordénanlle que se introduza no seu domicilio de forma inmediata e non teña contacto con ningunha persoa máis ata que lle realicen a proba PCR.

Segundo a normativa, a falta de cumprimento voluntario da medida de illamento prescrita ou indicada polos profesionais sanitarios ou polas autoridades sanitarias supón unha sanción que oscila entre os 3.001 e os 20.000 euros