Detectan tres billetes falsos de 50 e 20 euros en Pontevedra

Pontevedra
12 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A localización da moeda falsa foi posible tras habilitar a Policía Local dispositivos aleatorios de control e verificación de billetes en distintos puntos da cidade onde se tiña sospeita desta práctica

Billetes intervidos nun operativo
Billetes intervidos nun operativo / Policía Local de Pontevedra

A Policía Local de Pontevedra detectou esta semana varios billetes falsos en distintos establecementos da cidade. Foi un billete de 20 euros e dous de 50 euros.

A localización da moeda falsa foi posible tras habilitar dispositivos aleatorios de control e verificación de billetes en distintos puntos da cidade onde se tiña sospeita desta práctica.

Nun destes controis de vixilancia identificouse o pasado luns 8 de abril a unha persoa de 32 anos en posesión dun billete falso de 20 euros, que ía no medio doutros de iguais características pero de curso legal.

Tamén nese día, noutro operativo nun local de lecer, interviñéronse dous billetes falsos de 50 euros logo de identificar ao seu portador.

A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde advirte que a Policía Local continuará a facer estes controis de vigilancia, identificación e verificación e pide precaución e prudencia tanto aos establecementos comerciais como aos clientes para tratar de erradicar esta práctica fraudulenta.