Tras o impacto que a borrasca Bert tivo sobre Galicia, cun efecto importante nas Rías Baixas, as choivas non nos abandonarán nos próximos días.
Durante este luns, segundo a previsión de Meteogalicia, estaremos baixo a influencia da zona de chuvascos que vén detrás da borrasca.
Así, teremos ceos con intervalos nubrados e choivas que, co paso das horas, irán sendo máis esporádicas.
As temperaturas sufrirán un notable descenso e as máximas non superarán os 16 graos en Pontevedra.
De cara ao martes, toda Galicia quedará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións.
Haberá ceos con intervalos nubrados, con máis nubes en todo o litoral atlántico, onde non se descarta que haxa algunha choiva de carácter débil.
Pola súa banda, os termómetros apenas experimentarán cambios e oscilarán entre os 11 e os 15 graos, avanza o servizo meteorolóxico da Xunta de Galicia.
A melloría chegará o mércores cando se esperan ceos con nubes altas que non impedirán o paso do sol.
As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, con até 17 graos na Boa Vila.
Novas borrascas atlánticas volverán traer choiva a medio prazo, previsiblemente a partir do venres.