Un incendio forestal permanece activo dende as 16.40 horas deste mércores na parroquia pontevedresa de Salcedo e xerou un despregamento de medios terrestres e aéreos de extinción da Xunta de Galicia.
A nube de fume vese dende distintos puntos da cidade de Pontevedra e dende municipios próximos como Marín, Vilaboa e Poio.
Fontes da Consellería do Medio Rural e do Mar indicou que as lapas non puxeron en perigo ningunha vivenda e ás 19.00 horas motivaran a mobilización de tres axentes forestais, oito brigadas, catro motobombas, tres hidroavións e catro helicópteros dos servizos de extinción autonómicos.
O presidente da comunidade de montes de Salcedo, Fernando Pintos, explicou que a parte afectada está situada a uns dous quilometros do cuartel da Brilat que está recén talada. A zona talada é de 12 hectáreas e ardeu só unha parte.
Entre os veciños da zona comentábase que a orixe do incendio produciuse por unha faísca que saltou nun tractor que quedou completamente calcinado.
Segundo a Consellería de Medio Rural, os servizos de extinción daban por controlado o lume ás 19:42 horas.