Despois de Ana, continuarán as chuvias febles nas Rías Baixas ata o sábado

Pontevedra
11 de decembro 2017

Agárdase que as precipitacións se manteñan ata o venres 15, debido á influencia das baixas presións situadas sobre as Illas Británicas. As temperaturas serán suaves, entre os 8 e os 14 graos

Chuvia en Pontevedra
Chuvia en Pontevedra / Mónica Patxot

Este luns, as Rías Baixas continuarán baixo a influencia da profunda borrasca localizada ao norte da península Ibérica, que ademais proporcionará aire frío. Segundo as previsións do servizo de Meteogalicia os ceos estarán nubrados con chuvascos xeneralizados acompañados de aparello eléctrico, que será de neve en cotas de ao redor dos 800 metros.

As temperaturas descenderán moderadamente. Os ventos soprarán de compoñente norte, con intensidade no litoral. As temperaturas situaranse entre os 7 e os 11 graos, aumentando a sensación de frío.

Durante o martes 12 irase retirando ese aire frío e entrarán ventos de compoñente oeste, que deixarán a Galicia con temperaturas máis suaves alcanzando os 14 graos. A partir do mediodía, os ceos quedarán cubertos con choivas de carácter moi débil. O vento comezará de noroeste para ir cambiando ao longo da xornada ata quedar de suroeste durante a noite, moi frouxo. 

O mércores Galicia seguirá baixo a influencia das baixas presións situadas sobras as Illas Británicas. Os ceos permanecerán cubertos, con choiva que comezará a caer de forma máis débil nas primeiras horas pola metade oeste da comunidade, que se irán xeneralizando, mantendo sempre máis intensidade na franxa atlántica. As temperaturas están en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán moderados do suroeste situándose entre os 9 e os 14 graos.

A partir do xoves a inestabilidade permanecerá. Os ventos volverán soprar de norte e as choivas serán máis irregulares e intermitentes. O sábado, os ceos manteranse despexados deixando un fin de semana no que non se esperan precipitacións.