"Ata o ano que vén. E a ser bos!"

Poio
07 de xaneiro 2025
Actualizado: 7:04

Seis carrozas e preto de trescentas persoas acompañaron este luns aos Reis Magos na súa despedida en Poio

Despedida dos Reis Magos
Despedida dos Reis Magos /

Os Reis Magos despedíronse ata o ano vindeiro ano nunha festa organizada este luns en Poio.

Seis carrozas e preto de trescentas persoas acompañaron ás súas Maxestades na Cabalgata que se desenvolveu na contorna da Seca.

Melchor, Gaspar e Baltasar tiveron a oportunidade de despedirse de todos os nenos e maiores antes de partir de novo cara Oriente nunha festa moi animada, participativa e con moito colorido.

Cabalgata en Poio
Cabalgata en Poio

Na comitiva participaron todas as anpas dos colexios de Poio, así como membros das comparsas e grupos locais, que durante as últimas semanas estiveron traballando nos seus traxes, complementos e maquillaxes para encher de maxia, cor e ilusión a comitiva real.

Nesta ocasión foron os Reis os que fixeron unha petición a todos "sede bos" e prometeron volver o Nadal que vén.

Cabalgata en Poio
Cabalgata en Poio