Desmantelan unha plantación con 41 plantas de marihuana en Bueu

Bueu
23 de setembro 2022

Segundo a información facilitada pola Garda Civil,  o fillo do propietario da leira na que estaba a plantación está investigado por un presunto delito contra a saúde pública por cultivo e elaboración de drogas. Ademais, denunciaron pola vía administrativa ao dono da propiedade contigua, na que se interviñeron tres plantas visibles desde a vía pública

Plantación localizada en Bueu
Plantación localizada en Bueu / Guardia Civil de Pontevedra

Unha operación conxunta realizada entre Garda Civil e da Policía Local de Bueu permitiu esta semana desmantelar unha plantación de marihuana con 41 plantas nesta localidade e incautar tres máis na vivenda continua. 

Segundo a información facilitada pola Garda Civil,  o fillo do propietario da leira na que estaba a plantación está investigado por un presunto delito contra a saúde pública por cultivo e elaboración de drogas.

Ademais, denunciaron pola vía administrativa ao dono da propiedade contigua, na que se interviñeron tres macetas, con outras tantas plantas de marihuana, visibles desde a vía pública.

Esta operación forma parte do Plan Operativo de resposta policial ao tráfico retallista e consumo de droga e realizárono efectivos do posto da Garda Civil de Marín e a Policía Local de Bueu.

A incautación produciuse o pasado martes nunha leira situada na periferia da localidade de Bueu.

As dilixencias instruídas e as plantas intervidas foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Marín, onde deberá comparecer a persoa investigada cando sexa requirida pola autoridade xudicial.