Desfile e enterro da sardiña compartirán data no entroido grovense

O Salnés
11 de febreiro 2016

Debido ás malas condicións climatolóxicas que se esperan no Grove, o día 20 de febreiro é o elixido pola organización e polos voluntarios para a celebración tanto do desfile de entroido como do enterro da sardiña

Enterro da sardiña (Arquivo)
Enterro da sardiña (Arquivo) / Diego Torrado

Finalmente o desfile de entroido e o enterro da sardiña compartirán data de celebración, tendo lugar o día 20 de febreiro. A decisión tomárona a organización e os voluntarios ante as previsións do mal tempo que seguirá sendo o protagonista en toda Galicia.

Doutra banda, este ano haberá tamén espazo para o enterro da xoubiña (sardiña infantil) podendo participar os nenos que o desexen no obradoiro celebrado hoxe na Carpa de Entroido.

Como solución, se reprograman os horarios para a festividade da seguinte maneira:

- 15:30 h. Comeza a inscrición dos disfraces na Carpa de Entroido, obrigatoria para poder participar.

- 16:00 h. Photocall do Entroido Meco na Carpa de Entroido.

- 16:30 h. Concentración dos disfraces na Praza do Corgo.

- 17:00 h. Terá lugar o comezo do desfile no Sambódromo Meco contando con animación musical durante o percorrido.

- 20:00 h. Realizarase a instalación da capela ardente na Carpa do Entroido da Praza do Corgo e o acompañamento da gran comitiva fúnebre á defunta desde a Carpa do Entroido ata o lugar de incineración, estando presente tamén no enterro da xoubiña (sardiña infantil). Ademais outorgarase o premio ao grupo de choradeiras con maior número de participantes.

- 21.00 h. A conclusión da festividade está protagonizada pola festa de entrega de premios do Concurso de Disfraces na Carpa de Entroido, na Praza do Corgo.

O desfile repartirá 2.800 euros en premios, recoñecendo tamén ao grupo de choradeiras con máis participación, ao que se lle outorgará 100 euros.

Arquivado en