Sanxenxo finalizou as celebracións relacionadas coa festividade do Entroido co desfile central que se desenvolveu durante a tarde deste domingo 21 de febreiro.
Centos de persoas participaron neste evento mostrando os seus disfraces ao longo do percorrido que se iniciou na avenida Luís Rocafort de Sanxenxo para continuar polo Paseo de Silgar e Punta Vicaño ata enlazar coa estrada xeral e a rúa Rafael Picou. O paseo finalizou no recinto portuario.
O Concello de Sanxenxo repartiu ao redor de 8.000 euros entre os participantes.