O Entroido de Poio viviu este domingo un dos seus días grandes, o tradicional desfile de disfraces, que nesta ocasión resultou multitudinario.
A participación de 25 comparsas e grupos de toda a provincia fixeron que esta sexa a edición máis numerosa da súa historia.
Nesta edición, contou tamén coa presena de representantes políticos, como a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada polo alcalde, Ángel Moldes. Destacou a implicación de toda a veciñanza neste desfile no que gozaron dunha xornada de convivencia interxeracional.
O xurado decidiu conceder o premio especial á mellor animación a 'Grolo', do gupo Os das Pistas. O segudno premio foi para 'Alicia en Poio' e o terceiro, para 'O que queda da TV de Jalisia'.
O premio especial Choqueiro levouno este ano 'Bingo tongo en Poio'. Nesta categoría, o segundo premio foi para 'Superligoteo'; o terceiro, para 'La viejecita Mía'; e o cuarto, para 'A operaria do rural'.
Na categoría de adultos, o premio ao mellor disfrace individual foi para 'O Minotauro'. O resto de premiados foron: 'Molten Freddy' (2), 'Furby' (3) e 'A Morocha' (4).
Tamén na categoría de adultos, o premio ao mellor disfrace por parellas foi para 'Fantasía oriental'. O resto de premiados foron: 'Os máis cafeteros' (2), 'Sonny Angels' (3) e 'Os Pelúdez' (4).
O premio ao mellor grupo en adultos foi para 'Os piratas'. O resto de premiados foron: 'En un lugar de la mancha' (2), 'Cabaret Show cor café' (3), 'Galácticos na rúa' (4) e 'O niño do dragón' (5).
Na categoría infantil, o premio ao mellor disfrace individual foi para 'A volta ao mundo'. O resto de premiados foron: 'A bruxa do conto' (2) e 'Churriño a la vista' (3).
Na categoría infantil parellas, o premio ao mellor disfrace foi para 'Dulce fantasía'. O resto de premiados foron: 'A fantasía das Fadas' (2), 'Maxia' (3) e 'As Sargadelas' (4).
O premio ao mellor grupo inantil foi para 'Xogos de mesa'. Levaron o segundo premio 'Autos locos' e o terceiro, 'Gru y los Minions'.
Este ano repartíronse 4.820 euros en premios.