O xulgado do contencioso sdministrativo desestimou a demanda dunha peón que reclamaba unha indemnización ao Concello de Pontevedra por responsabilidade patrimonial ante unha caída na vía pública.
Segundo informou o portavoz do goberno local, Raimundo González, a denunciante argumentaba que na beirarrúa había unhas lousas en mal estado coas que tropezou, polo que reclamaba unha indemnización de 7.995 euros.
Na sentenza o xulgado estima que hai "ausencia de nexo causal entre o funcionamento do servizo de conservación de vías públicas e o dano reclamado" en base a que se trata de "un mero contratempo casual, desafortunado e fortuíto ao que comunmente están expostos os peóns cuxas consecuencias lesivas non poden trasladarse automaticamente ao Concello a efectos da súa indemnización".
A caída tivo lugar na rúa Rosalía de Castro.