Descubren un novo petróglifo en Salcedo

Pontevedra
22 de novembro 2016

Os traballos arqueolóxicos que o Concello desenvolve nos terreos escollidos para situar o campo de fútbol de Salcedo, no lugar de Cabanas, acaban de descubrir un novo petróglifo na zona. É unha combinación de círculos concéntricos (son tres círculos cunha pequena coviña) e a poucos metros unha coviña aillada

Intervención arqueolóxica en Salcedo
Intervención arqueolóxica en Salcedo / Concello de Pontevedra

Os traballos arqueolóxicos que o Concello desenvolve nos terreos escollidos para situar o campo de fútbol de Salcedo, no lugar de Cabanas, acaban de descubrir un novo petróglifo na zona. É unha combinación de círculos concéntricos (son tres círculos cunha pequena coviña) e a poucos metros unha coviña aillada.

Xa se limpou toda a superficie de afloramento deste petróglifo sen que aparecese ningún achado novo, e tamén se están a facer catas mecánicas para complementar a intervención e detectar a posible presenza doutros restos vinculados a este petróglifo como cerámica, por exemplo.

Está previsto que o mércores rematen os traballos sobre o terreo, no que tamén se fará un levantamento topográfico do achado. E a continuación comezará o traballo de documentación.

Cabe lembrar que nesta zona está catalogado un petrógiflo coñecido como Do Cruceiro/ Monte do Castro, que está fóra dos terreos escollidos para instalar o campo de fútbol. 

Mentres non rematen os traballos dos arqueólogos, non se poderá tomar unha decisión sobre como afecta este achado ao proxecto do campo de fútbol.

Arquivado en