Descobren danos nos petróglifos de Cequeril

Umia
23 de xuño 2017

O Concello de Cuntis asegura que se trata dun "atentado contra o noso patrimonio" e asegura que tomará as medidas oportunas para identificar os posibles responsables

Petróglifos de Cequeril en Cuntis
Petróglifos de Cequeril en Cuntis / Concello de Cuntis

Técnicos de turismo do Concello de Cuntis descubriron este xoves 22 de xuño unha serie de posibles danos nos petróglifos de Cequeril.

En concreto, o persoal municipal documentou durante unha visita á zona que os gravados afectados son os que compoñen o coñecido como Outeiro dos Campiños.

Desde a concellería de Cultura e a alcaldía requiriuse a presenza da Policía Local para que levantase un informe e presentar así a pertinente denuncia, confirmando os diferentes danos ao utilizarse cepillo de arame para raspar as inscricións do petróglifo.

Para o Concello esta acción trátase de "un atentado contra o noso patrimonio", polo que asegura que se tomarán as medidas oportunas para tentar localizar os responsables.

Arquivado en