Descende a presión hospitalaria con 18 pacientes covid menos na área sanitaria

Pontevedra
20 de abril 2022

Este mércores 20 notifícase a baixada en casos activos ao establecerse en 1.432 (-26) nos distritos sanitarios de Pontevedra - O Salnés, con 158 contaxios novos nas últimas horas detectados a través das probas diagnósticas. Segundo informa a Consellería de Sanidade permanecen 81 persoas ingresadas. En Galicia rexistráronse catro falecementos máis de pacientes con covid, ningún deles na área 

Datos covid neste 20 de abril de 2022 na área sanitaria Pontevedra - O Salnés
Datos covid neste 20 de abril de 2022 na área sanitaria Pontevedra - O Salnés / Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

Nas últimas horas, a área sanitaria de Pontevedra - O Salnés rexistrou un importante descenso tanto de casos activos como de persoas hospitalizadas respecto a os datos ofrecidos durante o martes 19 pola Consellería de  Sanidade.

Desta forma, este mércores contabilízanse 1.432 positivos, 26 casos activos menos que o martes, nos distritos sanitarios. Recóllense 158 contaxios novos nas últimas horas detectados a través das probas  diagnósticas.

Desta cifra de positivos, hai 81 persoas hospitalizadas, dúas delas na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Trátase de 19 pacientes menos que os notificados durante o día 19. 

Non se rexistraron falecementos na área sanitaria durante as últimas horas, polo que a cifra de mortes con coronavirus mantense en 275 en Pontevedra e O Salnés desde o inicio da pandemia.

DATOS EN GALICIA

Saúde Pública notifica catro mortes máis en Galicia durante as últimas horas. A cifra total de mortes na comunidade ascende así a 3.304 desde que comezaron os plans de continxencia.

O número de casos activos tamén descende na comunidade autónoma situándose en 12.833, o que supón 139 casos menos que onte. O descenso tamén se produce no número de pacientes hospitalizados. Hoxe é de 638 en planta, 109 menos e 13 nas Unidades de Críticos, seis menos.

Por áreas sanitarias, os casos activos distribúense así: A Coruña-Cee: 2.517 (-22); bVigo: 2.170 (+6); Santiago-O Barbanza: 2.123 (-44); Lugo: 1.914 (+15); Ourense: 1.630 (-22); Pontevedra-O Salnés: 1.432 (-26); Ferrol: 1.038 (-46) e sen área sanitaria asignada: 9 (-).

Nas últimas 24 horas detectáronse 1.614 novos positivos de coronavirus en Galicia. Son 187 contaxios diarios máis respecto a os do martes 19 e 157 máis respecto a os do mércores de hai unha semana.