O río Verdugo volveu desbordar debido as intensas chuvias rexistradas desde a tarde do martes 8.
Ao seu paso polo municipio de Ponte Caldelas causou numerosos asolagamentos deixando imaxes espectaculares da crecida das augas.
O alcalde Andrés Díaz indica que tres equipos de operarios están traballando "desbordados polas incidencias do temporal Kirk" e sinala que se está a actuar nos casos máis urxentes.
Diversas árbores desprendéronse cortando estradas.
Tamén caeron postes e cables de telefonía debido aos fortes ventos ao igual que tellados e chapas que voaron.
Foi necesario cortar o acceso a Chan da Barcia ante o risco de inundación nun punto onde o inverno pasado chegou a quedar completamente asolagado o campo de fútbol.
Tamén se rexistraron retencións do tráfico rodado na estrada PO-532, entre Pontevedra e Ponte Caldelas debido ao desprendemento de tres árbores.
Andrés Díaz pide precaución á cidadanía para evitar que se incrementen as incidencias durante as vindeiras horas.
Asolagamentos causados polo río Verdugo
Desborde do río Verdugo
Estrada asolagada en Ponte Caldelas
O río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas
Poste caído en Ponte Caldelas