Papá Noel, ao igual que no resto dos concellos da comarca, pasou por Vilaboa, pero de aquí levou unha petición moi especial. Que lles axuden a desbloquear a Vía Verde.
Así llo pediu o alcalde, César Poza, que subliña a necesidad de recuperar este tramo ferroviario nun espazo singular e de gran valor ambiental.
O goberno local de Vilaboa aproveitou a presenza de Papá Noel na localidade para amosarlle o potencial que teñen as vellas vías agora sen uso do ferrocarril e que formarían parte da Vía Verde, un proxecto que leva paralizado desde hai máis dunha década.
A bordo dunha vagoneta adaptada para a ocasión, Papá Noel percorreu este paraxe natural e sumouse á reivindicación do Concello de Vilaboa para desbloquear un proxecto que aspiraba a converterse na maior senda peonil e ciclista do noroeste peninsular.
Este itinerario contribuiría ademais a poñer en valor e dinamizar entornos rurais, ademais de favorecer a actividade física en contacto coa natureza
César Poza, que acompañou a Papá Noel neste percorrido, insistiu na importancia de desafectar este tramo situado nun espazo moi singular e de gran valor ambiental e que abriría a posibilidade de conexión coas Salinas do Ulló de xeito amable e seguro.
Recordou a petición de Vilaboa de poder utilizar a vía como senda verde mentras Adif non acorda outro uso, xa que agora é un foco de maleza, de contaminación e un perigo para a veciñanza.
Papá Noel fixo unha primeira parada en Figueirido para saludar á cativada e despois presidiu unha gran festa infantil en Paredes, na que houbo música ambiente, chocolate e chucherías para os máis pequenos e onde visitou o alumeado instalado pola veciñanza.