Desbloquean a ampliación da pasarela cun novo parque entre a Rúa da Estrada e a Rúa das Hortas

Pontevedra
30 de novembro 2021

Pontevedra recupera el proyecto para ampliar la pasarela de José Adrio hacia su continuidad por Doce de noviembre. Creará un nuevo parque entre la Rúa da Estrada y la Rúa das Hortas, en un espacio que tenía el paso restringido y estaba lleno de maleza. El parque ocupará una parcela de 5.500 metros cuadrados y en él se van a invertir unos 500.000 euros

Proxecto do novo parque na pasarela José Adrio
Proxecto do novo parque na pasarela José Adrio /

O goberno municipal de Pontevedra recupera o proxecto para ampliar a pasarela de José Adrio cara a súa continuidade por Doce de novembro. Creará un novo parque entre a Rúa da Estrada e a Rúa das Hortas, nun espazo que tiña o paso restrinxido e estaba cheo de maleza.

O parque ocupará unha parcela de 5.500 metros cadrados e nel vanse a investir uns 500.000 euros, que financiará a Deputación de Pontevedra con cargo ao convenio anual co Concello.

O edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, adianta que o Concello está en disposición de contratar este proxecto en canto o aprobe o executivo provincial, xa que a autorización do uso da pasarela xa está solicitado ante a Administración de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). 

Esta actuación permitirá darlle continuidade á área recreativa existente na rúa José Adrio Barreiro, dotando a zona leste da cidade dun "amplísimo espazo verde" en conexión co do parque Amalia Álvarez e o que se executará no parque da palmeira de Joaquín Costa.

A obra estará dividida en tres zonas de intervención, da que a primeira, na zona máis próxima á calzada, terá chan de terra e se converterá nunha zona mixta, verde e con pavimento, destinada esencialmente ao tránsito peonil.

Levará unha liña de árbores para separar a calzada do espazo da pasarela e, en paralelo, cara dentro, unha beirarrúa para conectar a que vén de Eduardo Pondal coa que xa existe no lateral da outra parte da pasarela, permitindo así o tránsito de peóns.

Pola súa banda, a parte da cuberta do túnel, actualmente en formigón, pasará a ser unha zona de estar tamén con pavimento mixto verde e duro, na que se emprazará a meirande parte do mobiliario urbano e que está pensada para paseo e xogo libre.

E, en terceiro lugar, a zona situada entre a lousa do túnel e as fachadas traseiras dos edificios de Santa Teresa de Jesús Jornet manterase ao 100% en terra e será a principal área verde da contorna, con arborado, xardín, unha fonte e un espazo con auga.

O proxecto permitirá ademais acometer a conexión peonil con Santa Teresa de Jesús Jornet, "eliminando o fondo de saco que é nestes momentos esa rúa e dándolle saída á nova pasarela e á rúa das Hortas, cara os novos edificios dos xulgados, explica Iván Puentes. Tamén se iluminará todo o espazo, combinando a luz aérea con luz ornamental no chan.

A intervención será "fundamental", defende o edil do PSOE, para a naturalización dun contorno "moi duro" e para complementar o outro lado da pasarela sobre o tren, centrada en xogos infantís, fronte a esta "máis verde e pensada para o paseo e o descanso".